receitas, artigos, sabías que? trucos, +cociñas, cociñando palabras, de cine, de literatura

mércores, 16 de marzo de 2016

BISCOITO DE LIMÓN


Á segunda foi a vencida!

Si, si. Tivemos que facer a receita dúas veces. Todo ía ás mil marabillas. Cadramos o tempo de cocción. Fixemos a proba do "pinchado". Todo perfecto. Desmoldámolo (sen deixalo arrefriar co forno entreaberto) e a pinta seguía a ser espectacular. Non puidemos comelo no momento por falta de tempo, os nosos cociñeiros estiveron un pouco "atascados" e o tempo botóuselles enriba. Pero as previsións eran boas.
Ao día seguinte...aquilo non era comestible! Cando lle quitamos o pano o noso biscoito perdera volume e amazocouse de tal xeito que non había forma de entrarlle. Que bágoa!
Pero no segundo intento con lixeiras variacións na receita e un agarimo especial á hora de arrefrialo tivemos éxito. 
Aquí vos mostramos a proba fidedigna do noso traballo. 



BISCOITO DE LIMÓN
           
Ingredientes

·         250 g de fariña ou (3 vasos-medidas iogur)
·         250 g de azucre ou (2 vasos-medida de iogur)
·         250 g de manteiga ou (1 vaso-medida iogur de aceite)
·         4 ovos
·         1 sobre de levadura en po
·         1 iogur natural
·         Zume de ¼  limón / Rela limón
·         Azucre glas
                      
Preparación

1.   Bater ovos + azucre. +Iogur. + Aceite. + Zume / rela ata obter mestura cremosa.

2. + 250 g de fariña e levadura baturadas. Mesturar ata obter masa lisa e homoxénea.

3.  Encamisar molde. Verter a masa anterior e nivelala. Ao forno prequecido a 180ºC / 30´aprox.

4.  Apagar/ entreabrir o forno e atemperar o biscoito. Desmoldalo e cubrilo co azucre glas.