receitas, artigos, sabías que? trucos, +cociñas, cociñando palabras, de cine, de literatura

mércores, 24 de febreiro de 2016

CRÊPES DE ENSALADA DE PAVO

Este ano o ENTROIDO estivo pasado por auga e vento e os desfiles de comparsas e distintas celebracións programadas suspendéronse. Parece que esta fin de semana van poder darse unha homenaxe todas aquelas comparsas e agrupacións que non puideron lucir as súas mellores galas nos días propios do entroido.
Nós tamén queremos facer unha ponte de unión coa gastronomía carnavaleira e traemos as nosa cociña a crêpe / filloa salgada para despedir o entroido. 
Despois das enchentas de lacón con grelos, un pouco de verde non vén mal. 















CRÊPES DE ENSALADA DE PAVO
  
Ingredientes

·         200 g de friame de pavo
·         Ravos
·         100 g de queixo gruyère
·         150 g de follas de ensalada variadas
·         Un ovo
·         2 culleres sopeiras de fariña
·         ½ laranxa
·         ½ vaso de leite
·         Un chisco de sal
·         3 culleradas de aceite
                                              
Preparación

1.   Laminar o queixo. Lavar as follas de ensalada. Cortar en dadiños os ravos , previamente lavados. Mesturar todo e reservar.

2.   Crêpes: Ovo + leite + 1 cullerada de aceite + 2 cullleradas de fariña + chisco de sal. Bater ata obter unha crema semilíquida e sen grumos. Tapar e repousar 30´.

3.  Nunha tixola quente antiadherente cun pouco de graxa (aceite / manteiga) verter un cullerón da masa. Movela e cuaxala polos dous lados.

4.     Vinagreta: Reladura de laranxa + 3 culleres de aceite + unha de zume.


5.   Na crêpe: Colocar todos os ingredientes + pavo en tiras. Aliñar, decorar coa reladura e servir