Esta vez imos achegarnos a Cantabria, concretamente aos Valles Pasiegos, para poder didfrutar deste excelente e coñecido doce cántabro: SOBAOS PASIEGOS.
Campoo-Los Valles. Costa Occidental. Costa Oriental. Liébana. Saja-Nansa. Santander. Trasmiera. Valles Pasiegos.
Ingredientes
·
125 g de manteiga
·
125 de fariña
·
125 de azucre
·
2 culleradas de licor de
anís
·
1 sobre de levadura en po
·
1 limón
·
3 ovos
·
1 belisco de sal
Preparación
1.
Nun bol: bater os ovos +
azucre + manteiga ata que queden branqueciños e escumosos.
2.
Engadirlle a reladura de
limón + anís + sal e incorporalos á masa.
3. Engadir a fariña barutada coa levadura e obter unha masa homoxénea.
4. Nun molde forrado con papel de forno, verter a masa e nivelala cunha
espátula.
5. Ao forno prequecido a 180ºC / 15´aprox.
6. Retirar e atemperar a temperatura ambiente. Desmoldar e cortar en
porcións.