Moitas son as receitas que nestes días agroman nas cociñas das nosas casas, todas feitas con sabiduría culinaria, todas distintas e todas ricas. A nosa non estivo mal e si queredes podedes engadila aos vosos receitarios coa garantía de conquerir un bo resultado.
Ingredientes
·
4 ovos
·
600 g aprox. de fariña
·
200 g manteiga de porco
·
Unha culler de azucre
·
Reladura de limón
· Un pouco de auga atemperada cun puñado de sal disolto.
·
Azucre
·
Aceite
Preparación
1. Amasar todos os ingredientes e engadir pouco a pouco a fariña e a auga co sal ata que a masa forme unha bola e non se pegue ás mans.
2. Repousar a masa media hora
aprox.
3. Estirar a masa moi fina e
fritilas en aceite moi quente. Escorrelas ben do aceite e engadirlles azucre.