receitas, artigos, sabías que? trucos, +cociñas, cociñando palabras, de cine, de literatura

xoves, 16 de xuño de 2016

ESPAGUETIS Á CARBONARA

Rematamos este curso 2015-16 cun clásico para os padais dos noso equipo de cociña. Démonos un festín gastronómico e bágoa que non houbese máis,  xa que os seus estómagos non se daban enchido con tan suculenta proposta.


 E tamén estamos contentos porque xa está en marcha a primeira fase do noso XARDÍN GASTRONÓMICO, creado nunha xardineira do noso colexio. Esta proposta queda aberta para uso e disfrute na nosa cociña e para as cociñas do resto da comunidade educativa do noso centro.




Desde aquí queremos dar as grazas a todos-as os que participaron no noso obradoiro de cociña este curso, esperando que o próximo curso escolar volvamos a encher de aromas os corredores do noso colexio e poder abrir o apetito coas novas propostas culinarias. Tamén queremos seguir espertando a curiosidade e o espíritu crítico a través da información que xurda das nosas páxinas e dos enlaces co mundo da cociña e a alimentación. 


Unha aperta.





ESPAGUETIS Á CARBONARA
           
Ingredientes

·        400 g de espaguetis
·        200 g de touciño entrefebrado
·        6 xemas de ovo
·        6 culleradas de nata líquida
·        70 g de queixo parmesano relado
·        70 g de manteiga
·        pementa moída
·        sal

Preparación

1.    Poñer ao lume unha ola con abundante auga salgada.Levar a ebullición, botar os espaguetis cando a auga empece a ferver, mover de cando en vez. Escorrer a pasta.

2.    Bater as xemas coa nata.

3.    Engadir o sal e o queixo relado.

4.    Nunha tixola, dourar o touciño a lume suave na súa propia graxa. Sazoar con pementa.

5.   Noutra tixola derreter a manteiga e engadir os espaguetis con dúas ou tres culleradas da propia cocción. Mesturar.

6.   Engadir o touciño coa súa propia graxa.

7.  Retirar a tixola do lume, verter sobre a pasta a crema de nata e xemas. Mesturar rapidamente a lume moi suave.

8.    Poñelos nunha fonte e servilos coroados cun pouco de albahaca fresca.