E certamente comezamos con bo pé, xa que, por primeira vez, arriscámonos a facer a masa de forma caseira e tradicional e o éxito acompañounos novamente. Rica a masa e ricos os ingredientes.
Deixámos constancia aquí da receita da masa e a nosa proposta de pizza de lacón con grelos. Bo apetito!
E vaia subidón para un quilo de fariña!
PIZZA DE LACÓN CON GRELOS
Ingredientes
·
500 g de fariña de trigo de forza
·
250 ml de auga morna
·
12 g de sal
·
25 ml de aceite de oliva virxen extra
·
12 g de levadura fresca de panadería
·
Friame de lacón, queixo.
·
Grelos envasados ao natural
·
Chourizo
·
Salsa de tomate
Preparación
1. Nun bol: un burato coa fariña e
no centro a levadura disolta na auga. Mesturamos.
2. + Aceite, + sal e seguimos mesturando.
3. Enfariñamos a zona de amasado e
traballamos a masa coas mans uns 10´ ata que non se pegue ás mans, ten que
quedar elástica e homoxénea.
4. Formamos unha bóla, enfariñamos
un bol e deixámola fermentar nel, tapada cun pano, uns 45´-60´aprox.
5. Estiramos a masa con coidado e
paciencia.
6. Ao forno, previamente quecido e
engadidos os ingredientes, a 200ºC o tempo necesario ata que se faga.