Tranquilos-as.
Na hora de cociña coincidimos cunha charla no colexio dun axente forestal para amosarnos a problemática que este insecto está a crear na nosa Comunidade e tivemos que compartir tempos. E quedámonos cortos na nosa elaboración. Faltounos tempo para rematar de cociñar e poder saborear o resultado final. Quedou no forno...E demos conta dela ao día seguinte e o seu aspecto baixou enteiros no visual pero non no sabor. Outra vez será.
QUICHE LORRAINE
Ingredientes
para a masa quebrada
·
150 g de
fariña
·
70 g de
manteiga
·
½ culleriña de sal
·
½ culleriña
de azucre
·
1 xema de ovo
·
Un chorriño
de leite
Ingredientes
para o recheo
·
Tiras de touciño entrefebrado
·
Tiras de
xamón cocido
. Pemento morrón
·
200 g queixo
relado
·
250 cl de
nata líquida
·
4 ovos
·
1 vaso de
leite fría
Preparación
1. Misturamos
todos os ingredientes nesa orde. Facemos unha bóla e forrada con film a metemos
na neveira media hora.
2. Nun molde
enfariñado estiramos a masa. Ao forno, 10´-15´ a 180ª sin que dore. Pintamos con clara de ovo para
impermeabilizala e un minuto ao calor do forno.
3. Pasamos pola
tixola o touciño entrefebrado. Posteriormente engadimos: o xamón e o pemento morrón.
4. Bater os ovos
coa nata e o leite.
5. Colocamos na
base o recheo e engadimos a cantidade necesaria do apartado 4 máis o resto do queixo por riba.
6. Ao forno a
180º ata que calle e dore.
Ningún comentario:
Publicar un comentario