receitas, artigos, sabías que? trucos, +cociñas, cociñando palabras, de cine, de literatura

xoves, 8 de novembro de 2018

BUÑUELOS

Chegado o tempo de novembro, de Todos os Santos, non podemos escaparnos do pracer de saborear os buñuelos.
Ricos non, riquísimos. E que ben nos saen coa nosa proposta.
A maxia de ver subir os buñuelos e voltearse na tixola, frotando no aceite a ferver é pura lambonería.




BUÑUELOS 

 Ingredientes buñuelos

·         Catro ovos
·         125 g de fariña + ½ sobre de levadura
·         25 g de manteiga
·         Dúas culleres de azucre
·         Rela de limón
·         1 ¼ vaso de auga
·         Chisco de sal
·         Azucre
·         Aceite

Preparación

1.    Mesturar nun cazo: auga + manteiga + azucre + rela de limón + sal.

2.   Cando ferva, engadir a fariña de golpe e remexer cunha culler de madeira ata que a masa se separe das paredes do cazo. Separar do lume.

3.   Coa masa temperada, engádense os ovos un a un. Non engadir o seguinte ata que o anterior estea integrado. No derradeiro ovo, dependendo da textura da masa pódese engadir somentes a xema.

4.   Quecer o aceite nunha tixola fonda. Cando aínda non estea moi quente, coa axuda de dúas culleriñas, botar pequenos montonciños de masa coa tixola retirada do lume. Deixar que inflen e arrimar de novo a tixola ao lume para que doren.

5.   Escorrer e sacar da tixola para un papel absorbente. Arrefrialos e salferilos coa azucre.

6.    Rechealos coa crema pasteleira, nata montada, trufa...

Ningún comentario:

Publicar un comentario