receitas, artigos, sabías que? trucos, +cociñas, cociñando palabras, de cine, de literatura

martes, 10 de novembro de 2020

PETITS-CHOUX DE NATA E CHOCOLATE


 XA ESTAMOS DE VOLTA!!!

Olvidos, cansancio, falta de constancia, moito traballo con outros temas, coronavirus, confinamentos...fixeron de tapón da actividade. 

E voltamos neste curso especial para pelexar outra vez co apaixoante mundo da cociña. Son eles e elas os que co seu entusiasmo fan posible que sigamos coas receitas e a maxia de dar forma e sabor as nosas/súas creacións. 

Moitas das propostas xa cobraron vida con outros grupos pero os/as novos/as artistas  necesitan empezar co básico. Para todos/as é unha nova aventura.

Empezaron (6º EP /2º ESO) coa profe Noelia mentras eu recuperábame lonxe da cociña do cole. Descubiron a tortilla de patacas...

e as filloas...

e hoxe atacamos coa masa choux para facer os...


PETITS-CHOUX DE NATA E CHOCOLATE

           

Ingredientes


·         Pasta choux:


100 ml de leite

100 ml de auga

80 g de manteiga

120 g de fariña + ½ levadura en po

3  ovos

 1 culleriña de azucre (4 g)

Un belisco de sal


Preparación


1.    Misturar nun cazo: leite + auga + manteiga + azucre + sal.

 

2.    Cando ferva, engadir a (fariña + levadura) de golpe e remexer cunha culler de madeira ata que a masa se separe das paredes do cazo. Separar do lume.


3.    Coa masa temperada, engádense os ovos un a un. Non engadir o seguinte ata que o anterior estea integrado.


4.  Nunha placa, ao forno a 180ºc / 20´aprox. + 5´a ,co forno apagado, ata que estean douradiños.


5.    Arrefriar e rechealos ao gusto.



Recén saidiños do forno.

Ningún comentario:

Publicar un comentario