receitas, artigos, sabías que? trucos, +cociñas, cociñando palabras, de cine, de literatura

luns, 25 de abril de 2016

TORTA PARÍS-BREST


Fixemos dous intentos nesta receita xa que, no primeiro, estivemos apurados de tempo e non poidemos tirar a foto. Aproveitando a circunstancia introducimos algunha modificación na receita, para mellorala, por suposto.
Como podedes degustar cos ollos, traballamos cos amorodos antes de que remate a temporada e introducímolos nesta suculenta obra doce como recheo e como COULIS.
Animádevos coa PARÍS-BREST!




TARTA PARÍS-BREST (variante)
           
Ingredientes

·        Pasta choux:
·        100 ml de leite
·        100 ml de auga
·        80 g de manteiga
·        120 g de fariña + ½ levadura en po
·        3  ovos
·        1 culleriña de azucre (4 g)
·        Un belisco de sal

·        Coulis de fresas:
·        100 g de amorodos
·        15 g de azucre
·          Nata para montar
·          Amorodos para decorar o recheo
·          Azucre glas

Preparación

Pasta choux:

1.    Nun cazo: leite + auga + manteiga + azucre + sal, ata que ferva.(De golpe) + (fariña e levadura baturadas) e remexer cunha culler de madeira ata que a masa se separe das paredes do cazo.

2.   Coa masa atemperada incorporar os ovos de un en un. Esperando a que se integre o anterior antes de botar o seguinte.

3.   Introducir a masa nunha manga e facer montóns en círculo. Pintar a masa cun ovo batido e esparexer améndoas picadas enriba.

4.    Ao forno a 180º C/ 40´ aprox., ata que estean dourados.

Recheo:

1.    Nun cazo, cocer durante 5´: 100 g de amorodos + 25 ml de auga + 15 g de azucre. Triturar, coar as pebidas e arrefriar.

2.    Montar a nata coa azucre necesaria.

3.    Engadir o coulis de amorodos de forma envolvente.

Tarta París-Brest:

1.    Cortar a coroa pola metade en dúas capas.


2.   Recheala coa nata intercalando rodelas de fresas con cada porción. Tapala coa parte superior e esparexela co azucre glas.