receitas, artigos, sabías que? trucos, +cociñas, cociñando palabras, de cine, de literatura

xoves, 17 de decembro de 2015

VOLOVÁN DE COGOMELOS, LANGOSTINOS E XAMÓN

E como non podía ser menos, aquí deixamos o entrante para as vosas comidas de Nadal. Nós xa demos boa conta deles e abofé que estaban ricos. 

Felices festas!





“VOL-AU-VENT” DE XAMÓN, COGOMELOS E  LANGOSTINOS

           
Ingredientes ( 4 persoas)

·         Volováns
·         6 langostinos
·         75 g de cogomelos
·         30 g de xamón
·         1 culler de queixo emmental relado
·         1 allo
·         4 culleres sopeiras de nata líquida
·         Aceite de oliva
                                  
Preparación

1.   Nunha tixola refogar o allo co aceite ata que doure. + cogomelos picados e sazoados.

2.    + Langostinos pelados e picados finamente. + Xamón picado fino.

3.    + Nata e reducir.

4.    Rechear os volováns . Esparexer o queixo e gratinar no forno. Servir.