receitas, artigos, sabías que? trucos, +cociñas, cociñando palabras, de cine, de literatura

venres, 11 de decembro de 2015

TIRAMISÚ CON CREMA DE TURRÓN


Xa están aquí as festas do Nadal. Incluídas todas aquelas "parafernalias" de adornos, agasallos, enchentas familiares, de amigos ou de traballo.
Nós tamén queremos estar en primeira liña de saída e para iso imos celebralo con este "agasallo" gastronómico, fácil de preparar e espectacular na súa elaboración e posterior degustación.




TIRAMISÚ CON CREMA DE TURRÓN
           
Ingredientes

·         200 g de biscoitos de soletilla (ver receita)
·         250 g de queixo mascarpone
·         150 g de turrón de Xixona
·         500 ml de nata para montar
·         50 g de azucre
·         2 tazas de café preparado
·         75 ml de leite
·         50 ml de licor doce
·         Cacao en po / azucre
                                              
Preparación

1.    Bater queixo + 25 g azucre ata quedar cremoso.

2.    Montar nata (+azucre ao gusto) e incorporala ao queixo de forma envolvente.

3.   Triturar leite + turrón. Engadilo á preparación anterior. Formar crema suave e homoxénea. Unha terceira parte desta pasala á manga pasteleira de boca ancha. Reservar na neveira.

4.    Mesturar o café + resto azucre + licor. Mollar os biscoitos e cubrir o fondo do molde.

5.    Verter 1/3 da crema e estendela. + Cacao.

6.   Repertir outra vez a operación. Rematar cunha capa de crema. Coa manga pasteleira, dispoñer na superficie rosetóns coa crema de turrón. Á neveira 30´. Barutar con cacao no momento de servir.



Incorporamos a receita dos BISCOITOS DE SOLETILLA para coroar a elaboración do tiramisú e que, nunha ocasión anterior, tivemos o pracer de elaboralos e degustalos no noso obradoiro.


BISCOITOS DE SOLETILLA
           
Ingredientes

·         3 ovos
·         75 g de azucre
·         1 culler de azucre avainillado
·         Un chisco de sal
·         75 g de fariña
·         ½ culler de levadura en po
·         Azucre glacé 
                                              
Preparación

1.   Bater nunha cunca: xemas + azucre + azucre avainillado ata conseguir unha mestura esponxosa e esbrancuxada.

2.    Tamizar a fariña + levadura en po sobre a preparación anterior e remexer.

3.   Noutra cunca montar as claras a punto de neve firme co sal e incorporalas pouco a pouco á mestura anterior de forma envolvente.

4.  Rechear unha manga pasteleira coa masa e cunha boquilla lisa e grande  formar tiras de 7-8 cm de largo por 2 de ancho aprox. sobre papel de forno. Cubrir con azucre glacé.

5.   Ao forno prequecido a 200º durante 12´. Arrefrialos e despegalos do papel. Servir.