receitas, artigos, sabías que? trucos, +cociñas, cociñando palabras, de cine, de literatura

xoves, 3 de decembro de 2015

CHAMPIÑÓNS CON POLO E XAMÓN


Con esta nova proposta a nosa cociña vai collendo ritmo cara as festas do Nadal e esperamos estar á altura dos eventos gastronómicos que nos esperan.




CHAMPIÑÓNS CON POLO E XAMÓN
           
Ingredientes

·         Champiñóns grandes
·         200 g de peituga de polo
·         100 g de xamón curado
·         1 cebola
·         1 dente de allo
·         Tomates secos
·         2 culleres de aceite de oliva
·         Perexil
·         Pan relado
·         Sal e pementa
                                              
Preparación

1.    Retirar a base terrosa dos champiñóns. Lavalos e secalos.

2.    Separar os sombreiros e picalos, reservar o resto. Lavar, secar e picar o polo.

3.    Saltear 5´nunha tixola con aceite quente os champiñóns e retiralos.

4.   Engadir o allo e douralo. Incorporar a cebola picada e pochala 8´. + Pés dos champiñóns. + Tomates secos picados. + Polo, ata douralo. + Xamón, +1/2 do perexil e cocer 1´.

5.    Salpimentar. Rechear  os champiñóns e coroalos con pan relado e ao forno 10´a 180ºC.

6.    Decorar co resto do perexil e servir.