receitas, artigos, sabías que? trucos, +cociñas, cociñando palabras, de cine, de literatura

venres, 20 de xaneiro de 2017

TARTALETAS DE LIMÓN E MERENGUE

Estamos chegando ao final do noso turno culinario e o equipo de cociña xa está "rodado" nas artes e técnicas culinarias e por iso propuxemos unha receita que fixo as delicias de todos. Combinamos varias técnicas e comprobamos o seu nivel e...
                  
                    ...PROBA SUPERADA!!!!!!!!!!!!!!!!


TARTALETAS  DE LIMÓN E MERENGUE
           
Ingredientes

         Masa quebrada (ver receita: tarta de limón e merengue)

         Crema:
1.    Rela de limón
2.    Zume dun limón
3.    4 xemas de ovo
4.    150 g de azucre glas
5.    200 ml de nata montada
6.    40 g de manteiga

         Merengue suizo:
1.    2 claras de ovo (75 g)
2.    150 g azucre glas

Preparación

1.   Crema: Mesturar xemas + manteiga abrandada + azucre + zume de limón.
Quecer a lume suave e removendo ata obter unha crema homoxénea. Arrefriala.
Montar a nata e engadila de forma envolvente.

2.  Merengue: Quecer as claras + azucre ao baño María ata que chegen aos 65º-70º. Sen retiralas do baño María, montalas co batedor eléctrico ata que estean ben firmes.

3.  Rechear as tartaletas de masa quebrada coa crema + merengue suizo e gratinalas no grill do forno ou co soplete de cociña.

Ningún comentario:

Publicar un comentario