Co chocolate non é difícil fallar. Sempre atopamos unha "lexión" de chocolateiros dispostos a dar boa conta del.
MOUSSE de TRES CHOCOLATES
Ingredientes
·
120 g de chocolate negro fondant
·
120 g de chocolate branco fondant
·
120 g de chocolate con leite
fondant
·
3 claras de ovo
·
Chisco de sal
·
150 ml de nata para montar
·
2 culleres de azucre
Preparación
1.
Fundir por separado os chocolates
ao baño maría. Atemperar fóra do lume.
2.
Montar a nata, ben fría, e misturar
un terzo con cada un dos chocolates.
3.
Montar as claras + sal. A medio
montar engadir o azucre e seguir batendo ata que queden firmes.
4.
Engadir un terzo do merengue a cada
un dos chocolates de forma envolvente.
5.
Encher por capas de chocolates as
copas. Arrefriar na neveira antes de servilas. Decorar as copas.
Ditos populares co CHOCOLATE