Como Román Casas quería ser un auténtico chef, pediulle aos seus pais un
curso de cociña para o seu décimo aniversario, que coincide co Día de Defuntos,
a festa dos mortos. E nese día tan especial recibiu un megasusto, un agasallo
moi singular, un cadaleito acompañado dun sobre negro onde viñan as instrucións
para activar a Escarlatina, unha cociñeira falecida no século XIX que nunca se
separa de Lady Horreur, un arrepiante arañón con acento francés. A bordo do
mortobús, os tres novos amigos e mais o gato Dodoto viaxarán ao Inframundo,
onde os defuntos viven baixo as ordes de Amanito, o tirano que goberna no Alén
coa axuda dos funguiños: os seus terroríficos esbirros. Unha ducia de moi
gorentosas e larpeiras receitas, as máis sabedeiras do mundo dos vivos e dos
mortos, dan paso a cada un dos bocados desta historia de humor macabro que
estimula o apetito do lector e a curiosidade polo mundo da cociña.
Título:
|
Escarlatina, a cociñei defunta
|
|
Autor:
|
Ledicia Costas
|
|
Ilustrador:
|
VÍctor Rivas
|
|
Editorial:
|
Xerais
|
|
Páxs:
|
176
|
|
Soporte:
|
Papel
|
|
ISBN:
|
||
Idade recomendada: De 11 anos en diante
|
Ningún comentario:
Publicar un comentario