"A palabra vén da palabra Quiché, Küche no dialecto Lorraine, falado na rexión de Lorena, no nordeste de Francia e xa fronteirizo con Alemaña. Este termo deriva á súa vez do alemán (torta) Kuchen. (...)
E gustounos!
Xa tiñamos experimentado con ela. O resultado...? Non sobrou nada! Incluso os/as reticentes a probala con cogomelos non deixaron de probala e aceptaron que estaba rica. A cociña de Andersen tamén serve de trampolín para probar novas cousas.
Xa tiñamos experimentado con ela. O resultado...? Non sobrou nada! Incluso os/as reticentes a probala con cogomelos non deixaron de probala e aceptaron que estaba rica. A cociña de Andersen tamén serve de trampolín para probar novas cousas.
QUICHE LORRAINE DE COGOMELOS
Ingredientes
para a masa quebrada
·
150 g de
fariña
·
70 g de
manteiga
·
½ culleriña de sal
·
½ culleriña
de azucre
·
1 xema de ovo
·
Un chorriño
de leite
Ingredientes
para o recheo
·
Cogomelos
·
Tiras de touciño
entrefebrado
·
200 g queixo
relado
·
Pemento
morrón
·
250 cl de
nata líquida
·
4 ovos
·
Perexil / Allo
·
1 vaso de
leite fría
Preparación
1. Misturamos
todos os ingredientes nesa orde. Facemos unha bóla e forrada con film a metemos
na neveira media hora.
2. Nun molde
encamisado (manteiga e fariña) estiramos a masa. Ao forno,10´- 15´ a 180ª sin que dore. Pintamos con clara de ovo para
impermeabilizala e un minuto ao calor do forno.
3. Pasamos pola
tixola os cogomelos + allo. Posteriormente engadimos: touciño entrefebrado e un
pouco de queixo. Botamos o perexil.
4. Bater os ovos
coa nata e o leite.
5. Colocamos na
base o recheo e engadimos a cantidade necesaria do apartado 4 máis o resto do queixo por riba.
6. Ao forno a
180º ata que calle e dore.
Ningún comentario:
Publicar un comentario