O noso traballo no obradoiro de cociña segue viaxando pola rede e polos medios de comunicación. Hoxe tivemos a enorme satisfacción de recibir a visita da TVG.
Estivemos en directo coas nosas receitas dentro da programación matinal no programa A REVISTA.
Experiencia moi gratificante para todos nós e para todos os que nos seguen e animan co seu apoio e cariño detrás dos fogóns.
Hoxe era un gran día e foi un gran día. Disfrutamos co directo e, polos comentarios dos "espectadores" nas distintas clases ( que seguiron o directo desde as aulas) e polas familias que nos arrouparon na distancia, foi todo un éxito. E nós coas nosas receitas esperamos corresponder ao agarimo recibido.
Neste enlace poderedes seguir a evolución do programa. A nós tocounos "actuar" no directo en dúas conexións entre os minutos 21´27´´- 22´ 50´´ e nunha segunda conexión entre os minutos 43´57´´- 48´40´´.
Estas foron as receitas que elaboramos para a ocasión e que poderedes consultar neste mesmo blog de cociña.
Grazas a todos -as!
Ningún comentario:
Publicar un comentario