Este ano imos tirar de cociña e ímonos poñer galdrumeiros.
As peperetadas que non falten e que os nosos bandullos, jrandes ou pequenos, non sofran coa falta de doce.
Nada mellor que reeditar as receita das filloas, recheas de nata cuns fiiños de chocolate para emborrallar o branco recheo. Simplemente con ollar as instantáneas do momento podedes imaxinar os momentos vividos.
Este ano imos a por todas!
FILLOAS
Ingredientes para a masa
·
6 ovos
·
Un vaso de leite
·
100 g de azucre
·
100 g de fariña barutada
Preparación
1.
Misturar todos os ingredientes e
bater ata que estean integrados.
2. Nunha tixola quente, untada con
manteiga ou touciño, verter unha cantidade suficiente do preparado para que
cubra toda a superficie da tixola.
3. Cando os bordos da filloa estean
torrados lixeiramente, voltear a filloa e cocela polo outro lado.
4. Cando arrefríen, reenchelas ao
gusto.
Ningún comentario:
Publicar un comentario