Ricos non, riquísimos. E que ben nos saen coa nosa proposta.
A maxia de ver subir os buñuelos e voltearse na tixola, frotando no aceite a ferver é pura lambonería.
BUÑUELOS
Ingredientes buñuelos
· Catro ovos
· 125 g de fariña + ½ sobre de levadura
· 25 g de manteiga
· Dúas culleres de azucre
· Rela de limón
· 1 ¼ vaso de auga
· Chisco de sal
· Azucre
· Aceite
Preparación
1. Mesturar nun cazo: auga + manteiga + azucre + rela de limón + sal.
2. Cando ferva, engadir a fariña de golpe e remexer cunha culler de madeira ata que a masa se separe das paredes do cazo. Separar do lume.
3. Coa masa temperada, engádense os ovos un a un. Non engadir o seguinte ata que o anterior estea integrado. No derradeiro ovo, dependendo da textura da masa pódese engadir somentes a xema.
4. Quecer o aceite nunha tixola fonda. Cando aínda non estea moi quente, coa axuda de dúas culleriñas, botar pequenos montonciños de masa coa tixola retirada do lume. Deixar que inflen e arrimar de novo a tixola ao lume para que doren.
5. Escorrer e sacar da tixola para un papel absorbente. Arrefrialos e salferilos coa azucre.
6. Rechealos coa crema pasteleira, nata montada, trufa...