receitas, artigos, sabías que? trucos, +cociñas, cociñando palabras, de cine, de literatura

venres, 30 de outubro de 2015

A CASTAÑA


Neste enlace poderás atopar información sobre cuestións etnográficas 
( crenzas, supersticións, festas...) e literarias de transmisión oral 
(refraneiro, cantigueiro, léxico...) relacionadas co mundo da castaña. 






TORTA DE CASTAÑAS


Estamos no tempo das castañas, no tempo do Samaín. Xuntóusenos todo e non damos co recado.
Na nosa cociña tamén queremos fundirnos coas castañas. Sabemos que o abano de posibilidades culinarias é enorme, pero nós imos darlle ao doce.
Proximanente poderemos degustalas asadas no Monte dos Pozos, coma todos os anos no noso particular magosto, onde todo o colexio acode despois dunha boa camiñata e co apetito a punto.





TORTA DE CASTAÑAS
           
Ingredientes

·         Dúas pranchas de masa de biscoito
·         500 g de crema de leite
·         100 g de azucre
·         150 g de chocolate negro
·         1 bote mediano de castañas en xarope
·         1 bote de doce de leite
·         1 culleriña de esencia de vainilla
·         (xarope opcional = 125 ml auga + 50 g azucre ou o xarope das castañas)*

Preparación

1.    Nun bol: 400 g de crema de leite + 150 g de azucre. Bater a punto de nata e reservar.

2.   Noutro bol (ao baño maría): 100 g de crema de leite + chocolate troceado. Derreter a lume suave. Retirar e reservar.

3. Escorrer as castañas, tallalas e remexelas coa vainilla + a nata montada.

4.  Montar a torta: disco de biscoito, bañado co xarope* + capa de doce de leite + crema de leite montada e coas castañas talladas + biscoito*.

5.  Cubrir coa crema de chocolate toda a superficie da torta. Arrefriar na neveira. Decorar ao gusto.











xoves, 22 de outubro de 2015

TORTA DOCE DE CABAZA


Chegado o tempo do Samaín e, por suposto, das CABAZAS, estabamos na obriga de traballar co produto estrela da cabaza. 
Adornamos a nosa proposta con nata montada pero pódese prescindir dela e realzar o sabor e color da nosa protagonista "alaranxada"





TORTA DOCE DE CABAZA
           
Ingredientes

Para a masa:

·         175 g de fariña
·         100 g de manteiga
·         1 cullerada de azucre moreno
·         3 culleradas de auga fría
·         Sal

Para o recheo:

·         500 g de cabaza
·         3 ovos
·         Unha póliña de canela
·         80 g de azucre moreno
·         Monda de laranxa
·         Nata montada (opcional)
                                              
Preparación

1.    Pelar e trocear a cabaza.

2.   Nun cazo con auga, cocer: cabaza + canela + monda de laranxa. A lume suave 20´aprox.

3.    Triturar soamente a cabaza e arrefriar o puré fino.

4.    Masa: misturar fariña + manteiga + azucre + chisco de sal. Coa masa tipo pan relado, engadir auga fría e amasar e formar unha bola. Tapar e repousar na neveira unha hora mínimo.

5.    Estender a masa e forrar un molde encamisado. Pinchar a base. Ao forno a 180ºC ata que doure. Arrefriar.


6.    Bater ovos + azucre ata esponxar e misturar coa cabaza. Verter no molde. Ao forno a 180ºC, 40´ aprox. ata que se doure. Arrefriar e (decorar con nata montada) servir.





Despois de cociñar,
e de saborear a torta,
e para crear un ambiente terrorífico
podedes entrar...


                       NA COCIÑA DO TERROR

                                 

martes, 20 de outubro de 2015

COCIÑANDO E XOGANDO CO SAMAÍN

Mentras esperades a que o forno ou a neveira faga o paso final das vosas creacións, podedes seguir COCIÑANDO ou XOGANDO coas palabras. 
Velaquí algúns aperitivos.

Xogos...

...máis receitas...



RECEITARIO PARA O SAMAÍN

Este receitario é unha recompilación que fixeron os/as alumnos/as de 6º de EP xa fai dous anos. Aquí están recollidas algunhas das súas propostas. 
Ao final do receitario tedes máis enlaces para novas receitas; seguro que vos sorprenderán.

Esperamos e desexamos que sIrvan para que vos poñades a traballar na cociña e que poidades pasalo de medo.