receitas, artigos, sabías que? trucos, +cociñas, cociñando palabras, de cine, de literatura

venres, 30 de outubro de 2015

A CASTAÑA


Neste enlace poderás atopar información sobre cuestións etnográficas 
( crenzas, supersticións, festas...) e literarias de transmisión oral 
(refraneiro, cantigueiro, léxico...) relacionadas co mundo da castaña. 






TORTA DE CASTAÑAS


Estamos no tempo das castañas, no tempo do Samaín. Xuntóusenos todo e non damos co recado.
Na nosa cociña tamén queremos fundirnos coas castañas. Sabemos que o abano de posibilidades culinarias é enorme, pero nós imos darlle ao doce.
Proximanente poderemos degustalas asadas no Monte dos Pozos, coma todos os anos no noso particular magosto, onde todo o colexio acode despois dunha boa camiñata e co apetito a punto.





TORTA DE CASTAÑAS
           
Ingredientes

·         Dúas pranchas de masa de biscoito
·         500 g de crema de leite
·         100 g de azucre
·         150 g de chocolate negro
·         1 bote mediano de castañas en xarope
·         1 bote de doce de leite
·         1 culleriña de esencia de vainilla
·         (xarope opcional = 125 ml auga + 50 g azucre ou o xarope das castañas)*

Preparación

1.    Nun bol: 400 g de crema de leite + 150 g de azucre. Bater a punto de nata e reservar.

2.   Noutro bol (ao baño maría): 100 g de crema de leite + chocolate troceado. Derreter a lume suave. Retirar e reservar.

3. Escorrer as castañas, tallalas e remexelas coa vainilla + a nata montada.

4.  Montar a torta: disco de biscoito, bañado co xarope* + capa de doce de leite + crema de leite montada e coas castañas talladas + biscoito*.

5.  Cubrir coa crema de chocolate toda a superficie da torta. Arrefriar na neveira. Decorar ao gusto.











xoves, 22 de outubro de 2015

TORTA DOCE DE CABAZA


Chegado o tempo do Samaín e, por suposto, das CABAZAS, estabamos na obriga de traballar co produto estrela da cabaza. 
Adornamos a nosa proposta con nata montada pero pódese prescindir dela e realzar o sabor e color da nosa protagonista "alaranxada"





TORTA DOCE DE CABAZA
           
Ingredientes

Para a masa:

·         175 g de fariña
·         100 g de manteiga
·         1 cullerada de azucre moreno
·         3 culleradas de auga fría
·         Sal

Para o recheo:

·         500 g de cabaza
·         3 ovos
·         Unha póliña de canela
·         80 g de azucre moreno
·         Monda de laranxa
·         Nata montada (opcional)
                                              
Preparación

1.    Pelar e trocear a cabaza.

2.   Nun cazo con auga, cocer: cabaza + canela + monda de laranxa. A lume suave 20´aprox.

3.    Triturar soamente a cabaza e arrefriar o puré fino.

4.    Masa: misturar fariña + manteiga + azucre + chisco de sal. Coa masa tipo pan relado, engadir auga fría e amasar e formar unha bola. Tapar e repousar na neveira unha hora mínimo.

5.    Estender a masa e forrar un molde encamisado. Pinchar a base. Ao forno a 180ºC ata que doure. Arrefriar.


6.    Bater ovos + azucre ata esponxar e misturar coa cabaza. Verter no molde. Ao forno a 180ºC, 40´ aprox. ata que se doure. Arrefriar e (decorar con nata montada) servir.





Despois de cociñar,
e de saborear a torta,
e para crear un ambiente terrorífico
podedes entrar...


                       NA COCIÑA DO TERROR

                                 

martes, 20 de outubro de 2015

COCIÑANDO E XOGANDO CO SAMAÍN

Mentras esperades a que o forno ou a neveira faga o paso final das vosas creacións, podedes seguir COCIÑANDO ou XOGANDO coas palabras. 
Velaquí algúns aperitivos.

Xogos...

...máis receitas...



RECEITARIO PARA O SAMAÍN

Este receitario é unha recompilación que fixeron os/as alumnos/as de 6º de EP xa fai dous anos. Aquí están recollidas algunhas das súas propostas. 
Ao final do receitario tedes máis enlaces para novas receitas; seguro que vos sorprenderán.

Esperamos e desexamos que sIrvan para que vos poñades a traballar na cociña e que poidades pasalo de medo.

venres, 16 de outubro de 2015

RECEITARIO Nº 1



RECEITARIO Nº 2



RECEITARIO Nº 3



RECEITARIO Nº 4



TARTALETA DE COGOMELOS E XAMÓN


 Estamos no tempo dos cogomelos (FUNGO, CERROTA, ZARROTA, PAN DE SAPO, PAN DE COBRA). Aínda que non dispoñemos de tempo para a súa recolección si podemos acercarnos á tenda e aproveitar a enorme variedade da que dispoñen. 
Moitas son de invernadoiro pero non deixan de ter o seu encanto no noso padal.



TARTALETAS DE COGOMELOS E  XAMÓN
           
Ingredientes

·         Masa quebrada (ver receita tarta limón e merengue (sen azucre))
·         150 g de cogomelos
·         100 g de xamón
·         1 cebola
·         125 g de queixo emmental relado
·         125 ml de nata líquida
·         4 ovos
·         Aceite, sal, perexil e pementa.
                                              
Preparación

1.    Encamisar (manteiga e fariña) os moldes e forralos coa masa quebrada. Pinchar a masa. Cubrila con papel sulfurizado + garavanzos secos . Ao forno 15´/ 200ºC

2.    Picar a cebola. Limpar,  lavar, secar e trocear  os cogomelos.

3.    Nunha tixola con dúas culleres de aceite, pochar a cebola. Engadir cogomelos ata que evapore a auga que solten. + Xamón.  Salferir moderadamente e cocer 10´.

4.    Cascar e bater ovos + nata + sal + pementa ata integralas. + Queixo, + preparación de cogomelos, + perexil. Remexer.

5.    Encher a tartaleta; ao forno 15´/ 200ºC. Servir.



RECEITARIO Nº 5



MOUSSE DE TRES CHOCOLATES


Co chocolate non é difícil fallar. Sempre atopamos unha "lexión" de chocolateiros dispostos a dar boa conta del.




MOUSSE de TRES CHOCOLATES

           
Ingredientes

·         120 g de chocolate negro fondant
·         120 g de chocolate branco fondant
·         120 g de chocolate con leite fondant
·         3 claras de ovo
·         Chisco de sal
·         150 ml de nata para montar
·         2 culleres de azucre
                                              
Preparación


1.    Fundir por separado os chocolates ao baño maría. Atemperar fóra do lume.

2.    Montar a nata, ben fría, e misturar un terzo con cada un dos chocolates.

3.    Montar as claras + sal. A medio montar engadir o azucre e seguir batendo ata que queden firmes.

4.    Engadir un terzo do merengue a cada un dos chocolates de forma envolvente.

5.    Encher por capas de chocolates as copas. Arrefriar na neveira antes de servilas. Decorar as copas.








                Ditos populares co CHOCOLATE






FOLLADIÑOS DE BACALLAO


Hoxe toca unha receita salgada. No obradoiro procuramos alternar doce con salgado.

A nosa proposta é un  aperitivo sinxelo de elaborar.






FOLLADIÑOS DE BACALLAO E OLIVADA
           
Ingredientes

·         Base de follado
·         Bacallao afumado
·         1 ovo
·         Fariña
·         150 g de olivas negras sen óso
·         1 dente de allo
·         1 culleriña de: ourego, tomiño, zume de limón
·         1 vasiño de aceite de oliva
·         Sal /sal en escamas
·         Pementa / pemento doce
                                              
Preparación

1.    Triturar: allo+ ourego+ tomiño+ limón+ aceite+ olivas + chisco de sal. Facer pasta densa.

2.    Estirar o follado sobre fariña e facer tiras de 4 x10 cm. Untalas coa olivada.

3.    Cortar o bacallao en tiras e colocalas sobre a metade das tiras de follado. Cubrir coa outra metade e pintalas co ovo batido.

4.    Formar rolos e pintalas con máis ovo. Salferir  co sal de escamas e pementa.

5.    Ao forno, sobre papel de forno, a 180º / 20´-25´ata douralos.

6.    Retirar e arrefriar. Salferir co pemento doce.






xoves, 15 de outubro de 2015

TARTA DE LIMÓN E MERENGUE


A nosa primeira e doce receita coa que empezamos a nova temporada. 



Cando facemos a receita seguimos os pasos de xeito  telegráfico. Necesitamos espazo para axustala aos nosos receitarios e as instruccións teñen que ser precisas para non liarnos en textos "glamurosos". Nunha hora temos que sacar resultados. 


Presentarémos as receitas do mesmo xeito como as traballamos no Obradoiro.

Doces saúdos!

TARTA DE LIMÓN E MERENGUE

           
Ingredientes

1.    Masa quebrada:
1.    150 g de fariña
2.    75 g de manteiga
3.    Belisco de sal
4.    50 g de azucre
5.    1 xema de ovo
6.    20 ml de leite

2.    Merengue suizo:
1.    75 g + 25 g de azucre
2.    25 ml de auga
3.    2 claras

3.    Crema de limón:
1.    Rela de limón
2.    Zume de ½ limón
3.    4 xemas + un ovo
4.    115 g de azucre
5.    80 g de manteiga
6.    20 g de maicena
                                              
Preparación

1.  Misturamos os ingredientes + xema + leite. Repousamos a masa na neveira. Estendémola . Ao forno: 200ºC / 20´

2.   Xarope: (75g de azucre + 25ml auga) ata 120ºC. Montar claras + 25g de azucre. Engadir xarope a fío ata chegar á textura de merengue.

3.    *(Zume +rela +azucre) a ebullición, movendo sempre.
*Bater (ovos + xema  + maicena) + xarope fóra do lume. Ao baño maría ata que espese. Arrefriar e + manteiga.// *Montar a tarta e queimar merengue.



       O MERENGUE